Lugo inicia a rescisión do contrato para renovar as redes de auga na Paz

O Concello anunciou o inicio do procedemento para anular o contrato á empresa adxudicataria das obras de renovación das redes de abastecemento e saneamento no grupo A Paz, urbanización situada no barrio de Fingoi, ante "os continuados incumprimentos da empresa"
Viviendas del grupo La Paz de Fingoi. XESÚS PONTE (ARCHIVO)
photo_camera Viviendas del grupo La Paz de Fingoi. XESÚS PONTE (ARCHIVO)

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel, explicou, logo da xunta de Goberno local, que, segundo os informes que figuran no expediente, Proyecon Galicia S.A foi interpelada en numerosas ocasións pola Administración local "para que corrixise deficiencias observadas na execución dos traballos, sen que en ningún caso actuase para emendalas".

Deste xeito, Fernández subliñou que non se iniciou a obra ata agosto, tres meses logo de formalizar a acta de comprobación" e que o prazo "debería ser ao día seguinte da firma, que tivo lugar o 6 de maio". Así, a empresa dispón de 10 días para presentar as alegacións que estime oportunas, ante a decisión do Concello.

Nesta liña cuantificou que, tres meses logo de iniciarse a intervención, a empresa "só executou o 6,53% do importe total previsto de strong<> 514.110 euros". Ademais, resaltou que o persoal técnico está a elaborar un novo estudo de custos para "cuantificar actuacións pendentes e que se inicien coa maior celeridade posible".

O Concello sinalou nun comunicado que esta strong <>intervención quere "pór fin ás avarías derivadas de que as conducións sexan de strong <>fibrocemento", xa que esta sustancia é "moito máis sensible aos contrastes climatolóxicos".

Ademais, recordou que o obxectivo é actuar sobre 187 acometidas desta urbanización, 62 delas pluviais e que o groso dos traballos concéntrase en strong <>dez rúas: Camelia, Acibro, Alecrín, Estrelamar, Pai Sarmiento, Santo Domingo da Calzada, Carpaza, Ligustro, Pardo de Cela e Estralote.

Comentarios