O Concello de Lugo executa operacións de mantemento na rede de alumeado público

A área de Infraestruturas realiza estas accións de xeito periódico, “segundo vaia sendo necesario actuar nas distintas zonas para garantir o correcto funcionamento da rede de alumeado”
O Concello de Lugo realizou nas últimas semanas operacións de mantemento da rede de alumeado público. CEDIDA
photo_camera O Concello de Lugo realizou nas últimas semanas operacións de mantemento da rede de alumeado público. CEDIDA

A área de Infraestruturas do Concello de Lugo realizou nas últimas semanas unha serie de operacións de mantemento da rede de alumeado público no barrio da Cheda. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que “estas actuacións realízanse de xeito periódico segundo vaia sendo necesario actuar nas distintas zonas ao ir chegando as lámpadas do alumeado público ao final da súa vida útil”.

No barrio da Cheda está previsto substituír 64 lámpadas, que se unen ás distintas actuacións realizadas nos últimos dous anos que contaron cun investimento de máis de 2.5 millóns de euros adicados a renovar a rede de alumeado e a mellorar a eficiencia enerxética, ademais de reducir as zonas escuras da cidade, mellorando a seguridade da veciñanza durante as noites.

Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en máis de 10 zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas como a avenida Filharmónica Lucense, que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade. Ademais existen distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, como a renovación do alumeado de Montirón, en proceso de contratación ou a renovación do barrio da Residencia e o grupo da Paz, que está próximo a comezar.

Comentarios