O Concello de Lugo cede a carpa de Protección Civil para facilitar a limpeza de ambulancias

Instalouse no aparcamento do Hula
Carpa de Protección Civil. EP
photo_camera Carpa de Protección Civil. EP

O Concello de Lugo cedeu á Consellería de Sanidade a carpa de Protección Civil para que a poida utilizar para a limpeza e desinfección das ambulancias do servizo de urxencias 061.

A carpa foi instalada no aparcadoiro do Hula, nas inmediacións do control de seguridade privada. 

Desde o goberno local indícase que esta iniciativa responde, por unha banda, "ao imperativo de unificar esforzos para que, entre todas as administracións, se poida dar cobertura ás principais prestacións sociosanitarias". E, por outra banda, para atender "a seguridade e protección da poboación".

Comentarios