O Concello de Lugo aprobará unha declaración institucional en defensa do pobo de Palestina

O texto proposto polo BNG defende que o conxunto da comunidade internacional deben actuar de forma contundente e condenar sen paliativos "a agresión israelí"
Rubén Arroxo. EP
photo_camera Rubén Arroxo. EP

O portavoz municipal do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Concello de Lugo aprobará no vindeiro pleno unha declaración institucional, a proposta do BNG, en defensa do pobo de Palestina. Arroxo explicou que "reclamamos á comunidade internacional que lle esixa ao goberno de Israel que cumpra coas resolucións da ONU e respecte os dereitos das palestinas e palestinos”.

O texto proposto polo BNG defende que o conxunto da comunidade internacional deben actuar de forma contundente e condenar sen paliativos "a agresión israelí", a última das "violacións sistemáticas por parte de Israel dos dereitos humanos e do dereito da poboación palestina a vivir en paz e en seguranza no seu país, nun Estado Palestino independente e soberano".

Comentarios