O Concello inmobiliza unha máquina da Xunta por verter aceite no novo chan da Mosqueira

Os propios operarios que fan a obra da nova zona peonil bloquearon a actividade de limpeza da muralla ata que chegou o edil Alexandre Penas. Reclamarase á Xunta que repare o dano e non volva actuar na zona sen garantías de non causar danos
Alexandre Penas, ante algunas de las manchas en el nuevo pavimento. XESÚS PONTE
photo_camera Alexandre Penas, ante algunas de las manchas en el nuevo pavimento. XESÚS PONTE

O Concello inmobilizou este luns unha máquina da Xunta que vertió aceite no pavimento recentemente colocado da nova zona peonil da Mosqueira. O chan quedou marcado con grandes manchas grasientas.

Foron os obreiros e o xefe de obra dos traballos que se realizan na Mosqueira os que nun primeiro momento obrigaron a parar a máquina, ao ver o que estaba a ocorrer. O incidente produciuse sobre as sete da tarde e ao lugar desprazouse inmediatamente o edil de infraestruturas, Alexandre Penas, que constatou os danos pola vertedura e confirmou que non se permitirá seguir actuando na zona ata que se garanta que non se vai a esnaquizar un pavimento recentemente colocado. O pavimento é granito e, xa que logo, moi poroso.

"Non é aceptable que a Xunta brinde por unha banda a súa colaboración con ese proxecto de peonalización dun espazo singular de Lugo e que, por outro, actúen con total descoido e causen danos xusto nese espazo emblemático da muralla", apuntou o goberno. O malestar no departamento de infraestruturas foi a máis porque, a maiores da vertedura da máquina, depositáronse igualmente sobre o pavimento bidóns de aceite e gasoil que tamén deixaron manchas.

Ao tratarse dun tipo de graxa difícil de limpar, a nova Mosqueira podería estar deteriorada xa antes da súa inauguración

A máquina que desatou o incidente pertence á empresa contratada pola Xunta para empezar os traballos de limpeza de vexetación da muralla. 

Trátase dunha tarefa que ano tras ano acaba demorándose, o que supón un problema. Se non se fai a tempo a retirada da vexetación hai que acabar atrasando a limpeza ata pasado o verán. En canto aséntase a primavera, empezan a chegar a Lugo os vencejos, unhas aves protexidas, e desde ese momento toda operación no monumento romano debe quedar paralizada.

Durante varios anos a limpeza da muralla acabouse demorando e a consecuencia foi que no verán, en plena tempada turística, o monumento romano de Lugo permaneceu cuberto de maleza.

A máquina que provocou a vertedura quedou parada na zona e a área de infraestruturas asegurou que recibiu garantías de que non se porá de novo en marcha ata que non cause danos. Houbo tamén compromiso de que limparase a zona danada, aínda que ese tipo de graxa é difícil de eliminar, polo que a nova Mosqueira podería estar deteriorada xa antes da súa inauguración.

A obra non está aínda terminada, porque se están levando a cabo aínda os traballos de axardinamento, pero o espazo abriuse ao público hai uns días.

A peonalización do tramo da Mosqueira é un dos proxectos estrela do equipo do BNG no goberno.
A delegación da Xunta avanzou onte á noite que se falará coa empresa que leva o mantemento e, por suposto limparase o rastro de aceite deixado.

Ademais dalgunhas manchas grandes, a máquina deixou ao seu paso un rastro grasiento que foi estendendo coas rodas. A sucidade dos pavimentos é un problema habitual nas zonas peonís de Lugo, pero neste caso chega xa antes de que se inaugure a obra.

Comentarios