O Concello incorporará o primeiro autobús híbrido ao transporte urbano de Lugo

A inclusión deste vehículo forma parte dos plans de renovación da flota
Uno de los últimos buses incorporados a la flota municipal de Lugo. EP
photo_camera Un dos últimos buses incorporados á flota municipal de Lugo. EP

Lugo estreará nas próximas semanas un bus urbano híbrido, que funcionará con combustible diésel e unha batería eléctrica que se recarga co movemento do vehículo, segundo explicou o goberno local.

A incorporación deste autobús forma parte dos plans de renovación da flota e de introdución de modelos menos contaminantes aos que está comprometida a empresa Monbus mediante contrato. A media de idade dos vehículos non pode superar os dez anos e ningún autobús pode ter máis de quince. De igual forma, a empresa de orixe lucense gañou o concurso con, entre outros compromisos, a oferta dun plan de eficiencia enerxética que debía empezar a pór en marcha a partir do segundo ano de contrato coa incorporación dun vehículo híbrido.

Monbus renovou o contrato co Concello de Lugo en 2016, tras un anterior de 50 ano

"Queremos avanzar cara a unha cidade sostible, cunha mobilidade alternativa e ecolóxica. Este autobús consumirá menos combustible e xerará menos emisións contaminantes", destacou o edil de mobilidade, Rubén Arroxo, que non precisou se Monbus seguirá incorporando á flota lucense vehículos deste tipo ou doutras fontes enerxéticas menos contaminantes, como gas natural comprimido, gas licuado do petróleo, pila de hidróxeno ou electricidade cento por cento. Nas bases do concurso que o Concello adxudicou en 2016 non se concretaban as esixencias, senón que simplemente pedíase un plan de introdución de enerxías menos contaminantes, polo que parece difícil que a empresa vaia ir un paso máis aló.

Monbus renovou o contrato co Concello de Lugo en 2016, tras un anterior de 50 anos. Na última etapa deste chegou a probar buses alternativos ao diésel, como un eléctrico que deu problemas. Noutras cidades, como Alcalá de Henares, a empresa ten vehículos a gas.

DOUS ÚLTIMOS. O bus que en breve comezará a circular por Lugo súmase aos dous incorporados en novembro, nas rutas Campus-A Piringalla e As Gándaras-Cemiterio, que teñen un consumo de combustible inferior aos modelos anteriores, polo que tamén emiten menos sustancias contaminantes. Un dos avances tecnolóxicos destes dous autobuses é que dispoñen de etilómetro, de maneira que non acenden se o condutor consumiu máis alcol do permitido pola lei.

Comentarios