sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

O Concello de Lugo impulsa a renovación da praza da Árbore

Arroxo e Penas visitaron os traballos na zona da praza da Árbore. EP
Arroxo e Penas visitaron os traballos na zona da praza da Árbore. EP

Os traballos aumentarán as beirarrúas da zona, onde se eliminará un carril de incorporación "inutilizado"

Mellorar un espazo peonil que "estaba abandonado e desaproveitado" é o propósito co que o Concello de Lugo vén de impulsar a renovación da praza da Árbore, onde se aumentarán as beirarrúas e se eliminará un carril de incorporación "inutilizado hai anos". Isto incrementará o espazo para uso peonil.

"Con esta intervención melloraremos a accesibilidade ao aumentar o tamaño as beirarrúas e reformando a praza para que a veciñanza da zona poida facer uso dela", asegura o tenente de alcalde, Rubén Arroxo. O nacionalista visitou este luns a praza —situada na confluencia das rúas Río Sil, Conde e Salmón—, e fíxoo xunto ao edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e o presidente da Asociación Veciñal do barrio de Paradai. 

Segundo apunta o Concello, esta actuación, iniciada este mesmo luns, realizarase en conxunto coa mellora da unión da rotonda que une Río Sil con Infanta Elena. "Nos últimos meses puxemos fin a un dos puntos negros máis importantes da cidade, na saída de Infanta Elena de cara ao Río Sil, e con esta actuación complementaremos os traballos executados de xeito provisional nese momento, mellorando ese espazo de xeito definitivo”, explicou Arroxo.

O Concello de Lugo impulsa a renovación da praza da Árbore
comentarios