lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

O Concello impulsa unha campaña para incentivar as compras na Praza de Abastos

Cristina López e Rubén Arroxo. EP
Cristina López e Rubén Arroxo. EP
O noso mercado é un agasallo ofrecerá regalos a aquelas personas que fagan compras superiores a 40 euros

O Concello de Lugo reiniciará a campaña O noso mercado é un agasallo, impulsada pola área de Participación e Servizos á veciñanza. O obxectivo desta iniciativa é incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e, polo tanto, apostar polo produto de proximidade. 

"Todas as persoas que realicen compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibirán un agasallo"; explicou a concelleira Cristina López. 

A campaña levarase a cabo os días 27 de novembro, o 4, 11, 18, 23 e 30 de decembro e o 8 de xaneiro. 

López explicou que, o ano pasado, "na primeira mañá" da iniciativa os postos facturaron máis de 16.000 euros

A área de Participación habilitará un posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida e calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado.

O Concello impulsa unha campaña para incentivar as compras na Praza...
comentarios