O Concello gastou 909 euros por habitante no ano da pandemia, un 15% máis

En 2019 non se chegou aos 800 euros â?? O goberno destaca o esforzo nun ano de caída de ingresos
undefined
photo_camera O centro social Paco Martín, obra abordada en 2020. XESÚS Ponche

O Concello incrementou un 15 por cento o gasto medio por habitante no ano da pandemia, ata situalo en 909,88 euros, fronte aos 795,46 euros do exercicio de 2019.

Ese reforzo do gasto por habitante fíxose a pesar da caída da recadación que provocou o covid, cuxo impacto na actividade económica da cidade fixo que os ingresos municipais reducísense en catro millóns.

O esforzo investidor nun momento de caída dos ingresos, evidencia, segundo o goberno local, a vontade da alcaldesa, Lara Méndez de manter as prestacións públicas e incluso incrementalas para paliar as consecuencias da crise sanitaria.

Os datos recóllense na conta xeral de 2020, que reflicten tamén que o pasado ano executouse o 83% do gasto comprometido, xa que se fixo efectivo o pago de 86,65 millóns dos 104.500.423 que se adxudicaron, segundo apunta o informe do departamento de economía, que dirixe Paula Alvarellos.

Eses fondos supoñen en torno ao 70% do orzamento definitivo, de 149.572.823 euros, e o gasto permitiu facer fronte ás necesidades xeradas polo covid, así como a manter servizos básicos e investimentos, di o goberno.

Comentarios