Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

O Concello de Lugo estuda ceder a criadores de razas autóctonas o vello matadoiro

Exterior da nave do antigo matadoiro municipal. XESÚS Ponche
Exterior da nave do antigo matadoiro municipal. XESÚS Ponche

A asociación do sector cre que aforrarían en custos de sacrificio das reses cunhas instalacións deste tamaño

O antigo matadoiro municipal de Lugo podería retomar a súa actividade tras case unha década desde o seu peche se prosperan os contactos iniciados polo Concello coa Asociación Galega de Razas Autóctonas para a cesión das instalacións aos criadores.

Fontes do goberno local confirmaron que durante as conversacións mantidas con este colectivo gandeiro os seus representantes mostráronse dispostos a asumir as instalacións debido a que consideran que as súas dimensións poden reducir os custos de sacrificio, xa que na actualidade enviar as reses aos grandes matadoiros resúltalles moi caro.

De todos os xeitos, o goberno local non concretou se haberá algún tipo de contraprestación económica por esta cesión, aínda que o certo é que quen se faga cargo do antigo matadoiro terá que acometer unha importante reforma debido á deterioración que sufriron as instalacións, sobre todo polo vandalismo e a actuación dos grafiteros.

PROPOSTA DO BNG. Mentres, o grupo municipal nacionalista deu a coñecer este vienres unha proposta para darlle uso ás naves do matadoiro, que se sitúan xunto á estación depuradora de augas residuais de Lugo.

Rubén Arroxo, portavoz da formación, expón reformar as instalacións para crear pistas cubertas de skate e de pádel. O edil recordou que o pleno de outubro de 2017 aprobou unha iniciativa para dotar á cidade dun pavillón que poida ser usado no inverno polos afeccionados ao monopatín. Ademais, indicou que o torneo internacional de pádel que se disputa estes días en Lugo é unha proba da importancia que cobrou este deporte, que na cidade non conta con ningunha instalación cuberta de carácter público.

O Concello de Lugo estuda ceder a criadores de razas autóctonas o...
Comentarios