O Concello embarga a un dependente por un imposto que non debe pagar

Ten recoñecida a exención, a pesar do cal lle cargaron un recibo pola taxa de vehículos
 
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Praza de estacionamento para persoas con discapacidade nunha rúa de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)

Salvador Cobo ten unha discapacidade do 80 por cento recoñecida desde fai 25 anos, un cuarto de século no que estivo exento de pagar o imposto de circulación nos municipios nos que viviu. En Lugo tamén ten dereito a esa exención e, de feito, o Concello recoñeceulla oficialmente en 2020. Con todo, recentemente atopouse co anuncio de que o Concello lle embargaba a súa conta por non pagar o imposto do ano 2021.

O embargo, que ademais levou a cabo sen comunicación previa, causou enorme indignación en casa deste home dependente e Hilda, a súa muller, quéixase xa non só do erro do Concello, senón tamén da actitude coa que foi recibida cando foi a pedir explicacións, xa que di que se atopou cunha resposta cargada de soberbia, o que menos cabería esperar de quen cometeron un erro que prexudica a cidadáns, apunta.

A parella, que pasou corenta anos no País Vasco, di que nunca se atoparon alí cun problema similar, como tampouco sufriron fallos da administración local de Ribadeo, xa que nos seus distintos domicilios sempre tiveron a exención do imposto de circulación por un coche que lles é moi necesario, dado o estado físico de Salvador, indican.

Pero todo torceuse hai dous anos, ao establecerse en Lugo, laméntase Hilda. Di que só levan ese tempo en Lugo e acumulan xa catro fallos do Concello que lles causaron prexuízo. Os primeiros foron porque non lles viraron os recibos da auga e o lixo cando correspondía e ao final mandáronlles facturas disparatadas e imposibles para a economía dun pensionista.

Ao final, o embargo, por unha contía de 36,67 euros, xa foi levantado, pero o desaguisado resolveuse na empresa que leva a recadación executiva do Concello, laméntanse os afectados. 

Comentarios