O Concello destina 317.000 euros a unha liña de axudas a clubs deportivos

Van dirixidas a sufragar os gastos xerais e outras accións de fomento da actividade física
undefined
photo_camera Unha competición de piragüismo de categorías basee. AEP

A área de deportes destinará 317.000 euros nunha liña de axudas para as entidades deportivas e asociacións sen ánimo de lucro co obxecto de promover e o fomentar o deporte e a actividade física en Lugo.

As bases destas axudas foron aprobadas esta semana na xunta de goberno local. As subvencións, enmarcadas no plan estratéxico para o período 2020-2022, irán dirixidas tanto a axudar a sufragar os gastos xerais como ao desenvolvemento de actividades das entidades deportivas.

A este respecto, Lara Méndez sostén que un dos obxectivos deste plan de axudas é contribuír a xerar hábitos saudables entre a veciñanza, así como, pór en valor a práctica deportiva. Para iso, opina a alcaldensa, é clave complementar e reforzar o labor que realiza a sociedade civil lucense na práctica deportiva.

As entidades poderán presentar as súas solicitudes na web www.lugo.galnun prazo de 15 días hábiles tras publicarse no BOP

Todos os clubs e asociacións legalmente constituídos e domiciliados na cidade poderán solicitar estas subvencións. Para iso deben estar inscritos no rexistro municipal de asociacións, estar á corrente dos seus deberes tributarios e ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvenciones concedidas con anterioridade polo Concello.

As entidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes por medios electrónicos, ben na sede electrónica www.lugo.gal a través de calquera dos rexistros electrónicos das administracións públicas, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Para valorar as solicitudes e distribuír as axudas teranse en conta criterios como o número de licenzas, o número de equipos en ligas nacionais, galegas ou provinciais e os deportistas participantes en campionatos galegos ou provinciais, entre outras cuestións.

Comentarios