Derruban un muro do patio do Ceip Rosalía tras a aparición dunha greta

O Concello decidiu tirar a parede de forma controlada ao entender que non ofrecía garantías de estabilidade
Muro derribado en el Ceip Rosalía de Castro. SEBAS SENANDE
photo_camera Muro derrubado no Ceip Rosalía de Castro. SEBAS SENANDE

Os servizos municipais de enxeñería e unha empresa especializada derrubaron este venres de forma controlada un anaco do peche perimetral do pavillón do patio do colexio Rosalía de Castro ao entender que o muro non ofrecía garantías de estabilidade. O edil responsable de educación, Felipe Rivas, explicou nun comunicado que se tomou a decisión "despois de detectar a aparición dunha pequena greta e de que se producira a caída dalguns cascotes".

A parede derrubada forma  parte dun dos dous tramos que pechan o polideportivo situado no patio do Ceip Rosalía e linda coa Rúa Galiza. Logo de detectar o risco de caída delimitouse a zona e procedeuse a tirar o muro de forma preventiva.

Segundo informou o persoal técnico do Concello, o fallo estrutural pode deberse á falta de ancoraxe do muro que, debido ás choivas e tras un reblandecimiento do terreo, puido ver afectada a súa estabilidade, o que provocaba risco de caída. Coa intervención evitouse o esborralle sobre a beirarrúa.

Comentarios