"O San Froilán non será unha festa, senón unha semana de actividades culturais"

A comisión de festas reunirase o vindeiro mércores para valorar se se avanza na programación

Maite Ferreiro. SEBAS SENANDE
photo_camera Maite Ferreiro. SEBAS SENANDE

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou de que a vindeira semana se reunirá a Comisión de Festas, na que están representados todos os grupos da Corporación Municipal, para, "segundo cal sexa a situación sanitaria no momento, avanzar na continuación das actividades programadas para a semana do San Froilán". Segundo explicou a concelleira "este ano o San Froilán non será unha festa, senón unha semana de eventos culturais nos distintos barrios de Lugo".

A este respecto, Ferreiro explicou que "todos os actos cumprirán con todos os protocolos emitidos polas autoridades sanitarias para evitar posibles contaxios", do mesmo xeito "que se vén facendo con todas as actividades culturais desde a fin do confinamento", "Os espazos dos concertos estarán valados e será preciso retirar, previamente e de maneira gratuíta, unha entrada", apuntou a edil. Ademais, as persoas asistentes deberán manterse sentadas no asento asignado para garantir a separación de 1,5 metros entre persoas.

Maite Ferreiro afirmou que "desde a área de Cultura mantemos o noso compromiso con todo o tecido cultural de Lugo para manter os actos culturais, mais sempre tendo en conta o desenvolvemento da situación sanitaria e a seguridade das veciñas e veciños de Lugo durante a semana de actividades".

Comentarios