O Concello dedica 180.000 euros a crear un xardín xunto ao edificio Impulso Verde

O obxectivo é que o espazo público sirva como área de recreo e  como espello das políticas de sustentabilidade, apuntou a alcaldesa, Lara Méndez 
Vista del edificio Impulso Verde, en A Garaballa. SEBAS SENANDE
photo_camera Vista del edificio Impulso Verde, en A Garaballa. SEBAS SENANDE

O Concello investirá 180.000 euros en crear un gran espazo público ao redor do edificio Impulso Verde. A idea é que o exterior constitúa unha prolongación dos obxectivos dese inmoble construído como espello dos obxectivos da política de sustentabilidade ambiental que persegue a alcaldesa, Lara Méndez, e xerme dun barrio multiecológico. Así, na parcela exterior plantaranse especies "tapizantes" e aromáticas, crearase un xardín de choiva e promoveranse cultivos enerxéticos. A rexedora avanzou este martes tamén o obxectivo de crear unha nova zona de hortos urbanos.

Méndez avanzou que se persegue que ese espazo se converta nunha zona de esparexemento dos lucenses e tamén de divulgación das actuacións que levan a cabo en Lugo ao amparo do plan Life da Unión Europea.

Ese espazo público en torno ao edificio Impulso Verde ocupará 2.685 metros dos 8.001 metros que ten a parcela en que se sitúa o inmoble co que o goberno proponse fomentar a construción sostible. As especies que se plantarán no terreo seleccionáronse xunto a técnicos da USC e no resto do terreo dispoñible promoverase a creación de hortos urbanos ecolóxicos, avanzou este martes Méndez nunha comparecencia xunto ao edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

A alcaldesa destacou tamén a decisión de crear un espazo de cultivos "enerxéticos", onde se plantarán unha serie de árbores que serán en certo xeito a continuidade do bosque urbano plantado no polígono das Gándaras e que servirá á vez para a promoción das políticas de sustentabilidade.

Nesa liña, no solar promoverase tamén o uso da bicicleta, coa extensión ata alí dun carril bici. Haberá tamén espazos de uso peonil, con chans drenantes e un deseño que atenderá a criterios de perspectiva de xénero.

Haberá, para rematar, unha pequena zona de aparcadoiro, con sete prazas, das que dúas serán para persoas con discapacidade e outras dúas para vehículos eléctricos. 

O obxectivo é situar a Lugo como municipio verde e referente das políticas de sustentabilidade europea, ámbitos nos que Lugo xa está recoñecida, remarca a rexedora.

O deseño do espazo buscou a simplicidad, para que haxa unha integración coa contorna, apuntou a rexedora, que recalcou o obxectivo de que a contorna do edificio se convirta nunha zona de esparexemento e tamén de divulgación de modelos de cidade verde e humanizada.

Ese obxectivo de promover o uso público do espazo leva medidas complementarias, como a instalación de mobiliario urbano ou a instalación dun sistema de iluminación con luces led, que favorecen o aforro enerxético.

Comentarios