O Concello de Lugo convoca unha oferta de emprego de 44 prazas, 21 delas de Policía Local

O obxectivo é abordar as necesidades máis urxentes dos servizos municipais, que o ano pasado perderon 48 empregados
Vehículo de la Policía Local de Lugo. AEP
photo_camera Vehículo da Policía Local de Lugo. AEP
O Concello de Lugo convocará 44 prazas na oferta pública de emprego de 2020. O goberno local di que o obxectivo é abordar as necesidades máis urxentes dos distintos servizos municipais, que o ano pasado perderon 48 empregados.

A oferta de emprego foi presentada pola edil de gobernanza, Paula Alvarellos, á mesa de negociación, que apoiou a proposta. A concelleira avanzou que se convocarán 44 prazas abertas e catro de promoción interna. Vinte e un dos postos serán para reforzar a Policía Local.

A relación de prazas de oposición libre inclúe dúas prazas de técnico (escala de administración xeral, A1), e dúas de técnico medio (escala de administración xeral, A2), unha reservada a persoas con discapacidade.

Das 21 prazas para a Policía Local, 16 serán por oposición libre e cinco mediante concurso de mobilidade

Convócase tamén unha praza de arquiveiro (escala de administración especial, técnico superior, A1); así como dúas prazas para traballadores sociais (escala de administración especial, técnico medio, A2), e unha praza de oficial sepultureiro e outra de operario de cemiterio, reservada a persoas con discapacidade. Convocarase tamén unha praza de ordenanza, reservada a persoas con discapacidade intelectual.

Das 21 prazas para a Policía Local, 16 serán por oposición libre e cinco mediante concurso de mobilidade.

Ademais proponse a cobertura por promoción interna de varias prazas agora vacantes, como dúas de inspector principal da Policía Local, outras dúas de oficial da Policía Local e unha última de director de gardería municipal.

A situación de solvencia do Concello permite elevar ao máximo a taxa de reposición de prazas permitida ás administracións e que se sitúa no 110 por cento, apuntou Alvarellos.

A concelleira sostivo que moitos departamentos municipais están nestes momentos nunha situación "comprometida" pola falta de persoal.

Comentarios