O Concello e a CHMS desbloquean o plan Paradai 21 anos despois

Investirán 650.000 euros nunha actuación que reducirá o risco de inundación do Rato
Antonio Quiroga y Lara Méndez. EP
photo_camera Zona da ponte de Paradai. ARQUIVO

O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil sentaron este luns as bases para desbloquear o Plan Paradai, o que permite que se poida avanzar para a súa finalización 21 anos despois do que o consistorio lucense e a Xunta asinasen o primeiro convenio co unir os barrios de Paradai e As Gándaras. Nunha rolda de prensa virtual, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da confederación, José Antonio Quiroga, acordaron investir 650.000 euros nunha actuación que reducirá o risco de inundación do Río Rato ao seu paso pola rotonda que une Serra de Meira co viario da ponte de Paradai. 

Segundo manifestou a rexedora lucense "é necesario dar pasos para impulsar o desenvolvemento urbanístico" para impulsar, segundo manifestou, "o Plan Paradai", porque Lugo "non se pode permitir non evolucionar cara a unha cidade verde, sostible e ben comunicada". 

O desbloqueo deste luns, co convenio asinado "é unha gran noticia a pesar de que ten un sabor agridoce", abundou, xa que o Plan Paradai iniciouse fai 21 anos, como comentou a alcaldesa lucense. "Hoxe (luns) formalizamos o noso compromiso coa cidade de Lugo", sinalou, pola súa banda, o presidente da confederación hidrográfica, sobre unha actuación que cualificou de moi "importante". 

Comentarios