A Verbena Galega D'Antes e dous novos artistas súmanse á programación do San Froilán

Ferreiro, sobre a polémica do recinto feiral, lamenta que o "autoproclamado" representante dos barraquistas fora concelleiro do PP
O espectáculo da Verbena Galega D'Antes, en 2019. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera O espectáculo da Verbena Galega D'Antes, en 2019. VICTORIA RODRÍGUEZ

Tras o anuncio hai días de Guadi Galego e Sidecars como primeiros concertos do San Froilán, este mércores a área de Cultura confirmou novas actividades para as festas patronais. Así, a Verbena Galega D'Antes volverá un ano mais ao programa festivo, actuando o 11 de outubro no recinto situado no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que "a Verbena Galega D’Antes situouse nos últimos anos como un dos grandes atractivos do programa do San Froilán". O evento, organizado pola escola OxeitO, recrea as tradicionais verbenas dos anos 40 e 50 con actuacións de música e baile tradicional.

A edil de Cultura anunciou tamén dous novos concertos para esta edición do San Froilán, Jenny and the Mexicats e La La Love You, que se actuarán, respectivamente, na Horta do Seminario e na Praza de Santa María o vindeiro 4 de outubro.

"Jenny and the Mexicats nace da unión da trompetista e cantante inglesa Jenny Ball, o percusionista David González e os irmáns Pantera e Icho Mexicat na guitarra e no baixo respectivamente. Nos seus 13 anos de carreira musical publicaron 5 álbumes de estudo e foron nominados como mellor banda nos premios 40 principales de 2014. Interpretan temas de flamenco, jazz, folk ou cumbia", explica o Concello. 

Por su parte, Cultura describe así a La La Love You: "O grupo indie conseguiu no mes de outubro de 2020 gañar o premio MTV EMA a mellor artista español. Este ano foron galardoados como Mellor Artista Revelación nos Premios Odeón, e están nominados na categoría Mellor Canción nos Premios da Música Independente. Contan cun disco de Ouro e un disco de Platino e máis de 30 millóns de reproduccións na plataforma Spotify".

POLÉMICA. Sobre a polémica pola apertura do recinto feiral, Ferreiro insistiu en que "o goberno municipal ten que actuar con responsabilidade e o único que pedimos que a normativa imposta polo Xunta sexa clara". A edil tamén se referiu ao "autoproclamado" representante dos barraquistas e industrias feriantes, Angel Gregorio Gutiérrez Cobos, quen, dixo, "foi cabeza de lista e é concelleiro do PP no concello de Villaturiel en León".

"Lamentamos que persoas que nunca instalaron as súas barracas en Lugo e que están claramente politizadas, por ter un cargo no partido que ocupa as filas das oposición, veñan a tratar de dar leccións a quen goberna con responsabilidade", zanxou Ferreiro.

Comentarios