Compromiso por Galicia presenta a Manuel Hurtado como candidato á alcaldía de Lugo

O mozo leva un ano vinculado á formación que lidera Juan Carlos Piñeiro

Manuel Hurtado. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)
photo_camera Manuel Hurtado. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)

Compromiso por Galicia presentou o sábado ao atleta Manuel Hurtado como candidato á alcaldía de Lugo. O mozo deportista lucense leva un ano vinculado á formación -que lidera Juan Carlos Piñeiro- e aceptou o reto de concorrer ás próximas municipais como cabeza de lista.

Hurtado, nacido en 1984, é licenciado en Xornalismo e diplomado en Maxisterio, pero a súa traxectoria profesional sempre estivo relacionada co mundo do deporte.

Ten ás súas costas importantes triunfos tanto a nivel galego como español en probas de distintas modalidades, como cross, medias distancias ou maratón. Desde hai case unha década compaxina a súa carreira deportiva co entrenamento de nenos e mozos na capital.

Comentarios