Comeza a limpeza da muralla ante a chegada dos cirrios

Os labores desenvolvésense de forma manual, co fin de que non afecten os niños destas aves, protexidas pola lexislación europea
Vencejos en la muralla. AEP
photo_camera Cirrios na muralla. AEP

A Xunta de Galicia iniciou xa os traballos de limpeza dos paramentos da muralla Lugo, un labor que inclúe a retirada manual de toda a vexetación que prolifera entre as súas pedras, antes da chegada da colonia de cirrios que cada ano aniña nos seus muros.

O cirrio común é un ave migratoria protexida pola lexislación europea, de modo que a de Galicia programa anualmente os traballos de limpeza da muralla de Lugo para non afectar os niños que os exemplares desta especie formarán entre as súas pedras nas próximas semanas.

A limpeza dos paramentos exteriores, que concentran o maior número de niños, realízase de forma manual, con axuda dun brazo mecánico. No interior, onde a súa presenza é moito máis escasa, realízanse normalmente coa supervisión dun biólogo. Os traballos finalizarán coa retirada de vexetación do adarve, onde non interferen coa presenza das aves.

Os cirrio chegan a Lugo cada ano a partir da segunda quincena de abril. Esta colonia, que é unha das máis numerosas de España, adoita nidificar na parte intermedia dos lenzos da muralla romana, máis ou menos a dous metros do chan e do propio adarve, especialmente na cara exterior. 

Comentarios