O comercio facturou 14.360 euros xa con Abrindo Lugo

A plataforma online do Concello vendeu 400 vales en só dez días
Mauricio Repetto. AIDA SOENGAS
photo_camera Mauricio Repetto. AIDA SOENGAS

O comercio local facturou 14.360 euros nos primeiros dez días de funcionamento da plataforma online municipal Abrindo Lugo. Unha cantidade que xa lles foi abonada ás empresas co fin de dotar de liquidez aos negocios a pesar de permanecer pechados ao público durante todo este tempo de confinamento.

Preto de 200 establecementos adheríronse á campaña Cos de Sempre, que o Concello puxo en funcionamento da man da Federación de Comercio e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo para fomentar a compra anticipada online mentres dure o estado de alarma.

400 BONOS. En total, os locais participantes venderon, en pouco máis dunha semana, preto de 400 bonos con descontos que oscilan entre o 15 e o 40 por cento, que poderanse consumir unha vez que reabran as súas portas os comercios e bares da cidade.

Algúns dos comercios que máis bonos venderon foron os relacionados coa hostalería — con casos que alcanzaron os 500 e 600 euros de venda— pero tamén as tendas de agasallos, que ingresaron preto de 900 euros ou as barberías, cun volume de negocio que alcanzou os 400 euros, indicou o Concello.

Ler máis: Os pais preguntan á Xunta se o transporte escolar vai ser compartido

Así mesmo, nestes dez días xa recadáronse máis de 360 euros a través de billetes solidarios, cos que a cidadanía está a axudar ao pequeno comercio sen comprar ningún produto ou servizo.

As inscricións para establecementos interesados continúan abertas a través da www.abrindolugo.galPola súa banda, os consumidores non necesitan rexistrarse para poder adquirir os bonos, aforrando tempo e facilitando o proceso.

A campaña Cos de Sempre desenvólvese baixo a marca Lugo É Capital, desde a área de desenvolvemento local e emprego —coordinada polo concelleiro Mauricio Repetto—, que aglutina as accións municipais en apoio á economía local.

Comentarios