viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Colocadas as primeiras bandeirolas vermellas para esixir os servizos prometidos do Hula

Una banderola en la Avenida das Américas
Una banderola en la Avenida das Américas
A plataforma cidadá prevé repartir entre 5.000 e 10.000 para ir preparando a manifestación programada tres días antes das eleccións municipais

A plataforma cidadá que reclama que se dote ao Hula dos servizos prometidos polo Executivo autonómico -Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear- xa colocou as primeiras bandeirolas vermellas con esa reivindicación en farois da iluminación pública de varias rúas da cidade de Lugo, como a Ronda da Muralla ou a Avenida das Américas.

Esta plataforma prevé repartir entre 5.000 e 10.000 bandeirolas para que os lucenses as coloquen nos seus balcóns ou fiestras, coa mensaxe de que se implanten eses tres servizos sanitarios "‘xa!’".

Esta é unha das iniciativas que levará a cabo nas próximas semanas esta plataforma, promovida pola federación veciñal e a asociación Abre a Muralla. Ademais repartirá camisetas do mesma cor.

A finalidade destas medidas é concienciar á cidadanía para que participe o próximo 21 de maio, a só tres días das eleccións municipais, nunha manifestación polas rúas da capital lucense para esixir os servizos do Hula.

Colocadas as primeiras bandeirolas vermellas para esixir os...
comentarios