O colexio de Casás compra tea cirúrxica para fabricar mascarillas solidarias

Unha vintena de familias con nenos no centro sumáronse á iniciativa
_03E3051
photo_camera O colexio Casás. AIDA SOENGAS

O colexio de Casás comprou unha partida de tea da que se utiliza normalmente para a confección das sabas utilizadas en quirófano, para facer de forma solidaria máscaras de protección que será entregadas a colectivos que, como os sanitarios, teñen que seguir traballando a pesar das medidas de confinamento.

Fontes do propio centro explicaron que, a través dunha das nais da comunidade escolar, presentouse a posibilidade de adquirir esa tea cirúrxica, que é "100% de algodón" e, ademais, dunha cor moi similar ao que ten o uniforme dos propios sanitarios.

A dirección do centro púxose en contacto cos pais dos alumnos e, ademais de varios profesores, unha vintena de familias sumáronse á iniciativa para fabricar máscaras con esa tea nas súas casas.

Ademais, o colexio tamén se mobilizou para sacarlle partido á impresora 3D do centro educativo, neste momento no que as clases están suspendidas, e utilizar ese equipo para fabricar máscaras-pantalla de protección fronte ao coronavirus.

Cada familia confeccionaraas as súas máscaras de tea na súa casa, pero despois a xestión da repartición correrá a cargo do centro, que xa solicitou a colaboración dunha ONG, así como da Policía e da Garda Civil. 

Comentarios