Un coleccionista galego fíxose co rarísimo sestercio que se vendeu en Madrid

A peza vendeuse por 17.500 euros
Moneda
photo_camera Moeda

Un coleccionista galego anónimo adxudicouse o sestercio da caetra que foi poxado en Madrid o pasado día 26 Esta rarísima peza, cuxa poxa inicial estaba marcada en 4.000 euros, vendeuse finalmente en 17.500 euros, aos que hai que sumar un 18% de comisión. O Ministerio de Cultura, que declarara a moeda "inexportable" para impedir que saíse do territorio español, finalmente non exerceu o dereito de retracto.

O seu regreso a Galicia supón a recuperación dunha valiosa herdanza do pasado e abre a posibilidade de que algún ente público galego poida adquirila no futuro, ben a través dunha compra ou unha cesión.

Neste sentido, a Asociación Numismática lucense Val de Ariz (Anvar) está a finalizar as xestións para que esta mítica peza se poida exhibir na I Exposición Numismática de Galicia, á que poderán acceder todos os cidadáns de forma gratuíta.

Comentarios