miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

As confrarías de Lugo xa pensan en conseguir a declaración nacional

A procesión de Xesucristo Resucitado. SEBAS SENANDE
A procesión de Xesucristo Resucitado. SEBAS SENANDE

A Xunta de Confrarías celebra o "éxito" da Semana Santa, na súa estrea como Festa de Interese Turístico Galego

O presidente da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta, recoñeceu que os organizadores da Semana Santa, que nesta ocasión estreaba a súa declaración como Festa de Interese Turístico Galego, "animicamente" están "desbocados" logo da gran cantidade de xente que participou este ano nas procesións, polo que xa pensan en conseguir esa mesma distinción, pero de ámbito nacional, "no prazo de cinco anos".

"O balance é moi positivo, estamos moi satisfeitos, moi contentos", dixo Basanta a EFE, pola "elevada participación", tanto no que se refire ás procesións como á asistencia de público para ver os pasos polo centro histórico da cidade.

Segundo Basanta, "houbo moita xente. Moita de Lugo, pero tamén moita xente de fóra, e os hoteis da cidade alcanzaron durante a fin de semana o 100% de ocupación", un resultado no que, de acordo co seu criterio, tivo "moito ver o traballo das confrarías".

Visto o resultado, Ramón Basanta recoñeceu que a Xunta de Confrarías xa está a pensar "en pór as primeiras pedras" para conseguir que a Semana Santa de Lugo sexa declarada "Festa de Interese Turístico Nacional dentro de cinco anos".

Para iso espera contar, do mesmo xeito que sucedeu coa declaración de ámbito autonómico, co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo.

Recoñeceu que os medios dos que dispón a Xunta de Confrarías de Lugo son limitados, por iso é polo que o apoio institucional sexa fundamental para alcanzar ese obxectivo.

As confrarías de Lugo xa pensan en conseguir a declaración nacional
Comentarios