Ciencias estrea catro aulas para Bioquímica nos antigos laboratorios

Esta ampliación permitirá tamén ir a clase a alumnos de Nutrición
Antonio López y otras autoridades en las nuevas aulas de ciencias. EP
photo_camera Antonio López e outras autoridades nas novas aulas de ciencias. EP

A facultade de Ciencias remodelou o seu espazo nos antigos laboratorios para dar cabida ao alumnado de Bioquímica, titulación implantada este curso con elevado grao de demanda.

Con esta última actuación realizada, a facultade contará con novos espazos e o seu correspondente equipamento informático e tecnolóxico en catro aulas, coas que se atenderán as necesidades do alumnado de strong<>l novo grao de Bioquímica tanto neste curso como nos próximos.

O reitor da USC, Antonio López, visitou este xoves as instalacións, acompañado do xerente da USC, Javier Ferreira, e da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel. Antonio López destacou a celeridade das obras e o carácter ambicioso da actuación. "A previsión inicial era habilitar unha aula para ou alumnado de primeiro pero, logo dun importante investimento, puidemos acondicionar catro novos espazos docentes, cada un deles con capacidade para 80 alumnos", indicou o reitor.

A posta en marcha destas dotacións, engadiu López, permiten ao mesmo tempo recuperar para o seu uso unhas instalacións que outrora acubillaron laboratorios de investigación pero que, na actualidade —tras o traslado deste equipamento científico ao novo edificio que centraliza o I+D— estaban pouco aproveitadas.

O decano de Ciencias, Francisco Fraga, comentou que, na actual conxuntura sociosanitaria derivada da pandemia causada polo covid-19, a disposición destes espazos permitirá á facultade incrementar o grao de docencia presencial entre o alumnado de Nutrición e Dietética que este curso estaba a recibir formación en liña.

Comentarios