domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

A cidade disporá dunha vintena de pantallas informativas con termómetro

2019041810493782800
2019041810493782800

As pantallas incluirán obrigatoriamente avisos sobre os aparcadoiros públicos, información municipal e de eventos

O Concello aprobou este mércores o prego de condicións para a compra e instalación de entre 20 e 25 pantallas dixitais que darán información sobre a cidade e incluirán termómetros. A administración local licita estes soportes sete meses despois de que retirase por obsoletos os paneis que informaban da hora e da temperatura existente.

As pantallas incluirán obrigatoriamente e, como mínimo, avisos sobre os aparcadoiros públicos, información municipal e de eventos, o día, a hora e a temperatura e avisos de interese cidadán. Terán, ademais, unha canle publicitaria desconectable e deberán contar con conectividade que permita a súa xestión remota.

O Concello saca a contratación a instalación de novas pantallas dixitais por un período de dez anos que se poderán prorrogar ata un máximo de quince. O canon que a empresa seleccionada deberá pagar ao Concello é de 218,40 euros por pantalla e ano. Para a adxudicación do contrato, terase en conta, ademais da mellor oferta económica, as características técnicas, o mantemento, a xestión de contidos, a distribución das pantallas e a porcentaxe de espazo publicitario dedicado ao Concello.

A cidade disporá dunha vintena de pantallas informativas con...
Comentarios