lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Ciudadanos esixe ao goberno local que fomente o uso da bicicleta en Lugo

IMG_20211004_104615
Usuarios polo carril bici en Ronda do Carme. A.C.
A edil Olga Louzao advertiu de que se non se promociona o vehículo das dúas rodas será "imposible evitar" que os 1,2 millóns de euros investidos no controvertido carril bici "vaian polo sumidoiro nuns meses"

A portavoz municipal de Ciudadanos, Olga Louzao, instou o goberno local a poñer en marcha con urxencia as medidas acordadas polo pleno en decembro de 2019 para o fomento do uso da bicicleta na cidade.

Dous anos despois, segundo asegurou a concelleira de Cs, non se avanzou en ningún dos puntos acordados. "Esta falta de vontade política contrasta coa présa coa que a alcaldesa se afana en poñer en marcha o seu fracasado proxecto do carril bici en contra da vontade popular e cun impacto enorme sobre a calidade de vida de moitos barrios", afirmou Olga Louzao.

Esta edil considera que "a bicicleta como solución de mobilidade en Lugo non pasa por pintar o asfalto de cores senón por lograr que a bici sexa un medio dinámico e seguro que responda as necesidades da poboación". 

Olga Louzao sostén que Lara Méndez quere acabar custe o que custe o carril bici para non perder o investimento de 1,2 millóns que custan as obras

Ciudadanos recordou, que entre outras propostas aprobadas, figuran crear aparcadoiros protexidos en zonas estratéxicas da cidade e instaurar un sistema de aluguer público que inclúa bicicletas electrificadas.

Olga Louzao afirmou que o único que pretende a alcaldesa Lara Méndez é "acabar o carril bici custe o que custe para non perder o financiamento europeo" coa que se sufraga este proxecto, cun custo de 1,2 millóns de euros e máis de 14 quilómetros de lonxitude, que, ao seu xuízo, é "absolutamente improvisado e sen sentido" e supón a supresión de árbores "en moitas das rúas afectadas por exemplo Germán Alonso ou Río Ulla".

Ciudadanos esixe ao goberno local que fomente o uso da bicicleta en...
comentarios