Un chofer de bus oriúndo de Lugo evita un choque en Portugal e recibe encomios

O home traballa para unha empresa lusa

Un condutor de autobús, oriúndo de Lugo, logrou o pasado venres evitar un accidente no que xa chocaran dous camións de mercancías en Portugal, que deixou dous falecidos, un ferido grave e outros dous con lesións de carácter leve.

O chofer lucense traballa para unha empresa lusa e levaba no autobús a 45 nenos. Unha manobra ao volante, desviándose da calzada, conseguiu ao final salvarlle a vida aos pasaxeiros do autobús.

O accidente ocorreu, na vía IP6, en Atouguia da Baleia, no sentido de circulación Peniche-Óbidos, preto de Caldas de Rainha, e a reacción do condutor foi moi encomiada.

Comentarios