A CHMS resolve que o aparcadoiro do Club Fluvial invade zonas de dominio público

Aclara que esta sociedade "realizou as obras coa autorización caducada e cunhas características distintas ao proxecto orixe"

Aparcamiento del Club Fluvial. SEBAS SENANDE
photo_camera Aparcadoiro do Club Fluvial. SEBAS SENANDE

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo que depende do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, resolveu o expediente sancionador contra a execución do aparcadoiro do Club Fluvial de Lugo sen a correspondente autorización administrativa, "invadindo as zonas de Dominio Público Hidráulico (DPH) e servidume".

A CHMS explica que "a directiva do Club Fluvial había solicitado en 2016 autorización para a execución dun aparcadoiro cunhas dimensións e características concretas, sendo autorizada polo organismo e establecendo o prazo de execución dos traballos ata o 21 de marzo de 2018".

Con todo, aclara que "esta sociedade realizou as obras coa autorización caducada e cunhas características distintas ao proxecto en orixe, invadindo as zonas de DPH e de servidume, o que de ningún xeito podería ser autorizable".

"É importante recordar que a directiva do Club Fluvial non ten patente de corso ao incumprimento da lei", concluíu o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. 

VALLEDOR. A resposta do presidente do Club Fluvial non tardou en chegar. Tito Valledor que "non alteraron a autorización" y que "defenderemos a legalidade das actuacións onde e cando sexa oportuno".

Tito Valledor dixo que é a CHMS a que ten "patente de corso" para "conceder ou non permisos" que afectan aos 17.000 socios da entidade lucense.

Comentarios