martes. 24.05.2022 |
El tiempo
martes. 24.05.2022
El tiempo

Chegar e bicar o santo para un novo loteiro

Alberto Carballeira. XESÚS PONTE
Alberto Carballeira. XESÚS PONTE
Unha administración de Lugo que estreou xestión hai dous meses reparte un premio de 30.000 euros na lotería

A finais do pasado novembro Alberto Carballeira púñase á fronte da librería Cidade Norte, sita na esquina da Avenida da Coruña con Manuel María. Este negocio combina a venda de prensa e papelería coa de lotería.

Dous meses logo dese cambio de titularidade repartía un primeiro premio, foi chegar e bicar o santo. Un décimo do número 64.758, que foi adquirido en máquina, era agraciado con 30.000 euros no sorteo do xoves da Lotería Nacional.

A repartición dese primeiro premio é "un agasallo anticipado", afirmaba Alberto Carballeira, que este domingo cumprirá 45 anos. Este empresario decidiu a esta idade dar un xiro profesional á súa vida. Non se dedicou ao negocio de librería e lotería. "Buscaba algo diferente, xurdiu esta oportunidade e decidín aproveitala", explicaba este venres.

Chegar e bicar o santo para un novo loteiro
comentarios