Cheché Real propón abrir os restaurantes ata as once da noite

O presidente da asociación de hostaleiros solicitará á Xunta atrasar o toque de queda
Cheché Real. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Cheché Real. VITORIA RODRÍGUEZ

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, avanzou que o sector proporá á Xunta que permita a apertura dos restaurantes ata as once da noite e igualmente amplíe a esa hora o toque de queda. 

Real apostou por ir máis aló de pedir o peche da hostalería "ás oito", porque no caso dos restaurantes é "como non facer nada e a un restaurante dálle o mesmo pechar ás seis". 

"Incluso podería verse a posibilidade de diferenciar as cafeterías e bares dos restaurantes e poder ampliar nos restaurantes ata as once da noite e aí habería que mirar tamén o do toque de queda", suxeriu. 

Con esta proposta, Cheché Real xustificou que o que se pretende "é dar maiores facilidades para traballar con certa dignidade", subliñaba o empresario.

Outro problema que se expón é o dos "aloxamentos" condicionados polos peches perimetrales ou a cuestión da procedencia, porque en Lugo e en toda Galicia acóllese "a moita xente de Madrid que está nuns índices de contagios tremendos". 

"Xa que nos estamos apertando o cinto desde hai meses e se agora abrimos as portas pódese estender o virus. O noso máximo inimigo é a transmisión do virus", alertou. 

Comentarios