A chama do Arde Lucus non se apaga

O desfile de tropas romanas polo centro histórico en homenaxe ás vítimas do Covid-19 foi o acto máis destacado do sábado
AppleMark
photo_camera Participantes no desfile do sábado pola tarde, que serviu para homenaxear ás vítimas do Covid-19. VICTORIA RODRÍGUEZ

A que sempre adoita ser a xornada do Arde Lucus máis multitudinaria foi este sábdo unha celebración austera e con sentidiño por parte das asociacións, que cumpriron a machada as condicións de seguridade que se marcaron cando pediron permiso para desfilar polo centro e os barrios.

O acto máis destacado da xornada foi a marcha das tropas romanas polo centro histórico, que este ano serviu de homenaxe ás vítimas da pandemia de Covid-19, así como a todas aquelas persoas que non puideron gozar do Arde Lucus. Os membros da Garda Pretoriana iniciaron o percorrido na Praza de San Marcos, onde cada ano se instala o seu campamento, con paso rápido para evitar concentracións e chegaron ata a Praza Maior, onde se reuniron cos soldados da Cohors III Lucensium.

Desde alí avanzaron polo fondo da praza, a zona onde máis público seguiu o desfile, para realizar unha ofrenda ante o monumento aos fundadores da cidade.

Unha vez finalizado este acto, os dous grupos proseguiron a marcha camiño de Bispo Aguirre e, ao chegar á Rolda dá Muralla, volvéronse a dividir, de modo que uns seguiron cara á Avenida de Ramón Ferreiro e os outros subiron pola Rolda para volver finalizar todos o percorrido dentro de murallas.

ASOCIACIÓNS. Aínda que non participaron neste desfile, tamén ambientaron a festa polo centro e os barrios outras asociacións de reconstrución histórica como Kertix, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Clan de Breogán e Trebas Galaicas. Ademais, celebráronse vodas celtas con cita previa en Pórtaa Miñá, que hoxe volverán repetirse.

A xornada pechouse cun novo vídeo mapping proxectado sobre a muralla na Mosqueira con imaxes de anteriores edicións da festa castrexo-romana.

Pola súa banda, os alcaldesa Lara Méndez e a concelleira de mocidade, Ana González Abelleira, que se caracterizaron de novo para participar nos actos do venres e o sábado, destacaron a importancia de manter "viva" este ano a chama do Arde Lucus e reservarse para facer unha gran celebración en 2021, coincidindo co vixésimo aniversario do inicio de cita declarada en 2017 festa de interese turístico nacional e que se converteu nun referente internacional entre as festas de reconstrución histórica.

Comentarios