O centro Illas Canarias xa proba o novo sistema de xestión de citas de primaria

O modelo, que se testará durante un mes, baséase en algoritmos que determinarán se hai que ver a un paciente de forma inmediata en función dos síntomas que comunique na súa chamada ao centro de saúde
Personal de la centralita de Illas Canarias que empezó a testar el nuevo sistema de citas. SEBAS SENANDE
photo_camera Personal de la centralita de Illas Canarias que empezó a testar el nuevo sistema de citas. SEBAS SENANDE

O centro de saúde Illas Canarias de Lugo, cuns 17.000 pacientes, proba o novo sistema de xestión de consultas de primaria que implantará o sergas. A central telefónica, e un sistema baseado en algoritmos, será a clave para determinar cando se verá a un paciente e que profesional o atenderá.

Sofía López Linares, xefa de servizo do centro de saúde explica que o paciente poderá ser visto de xeito inmediato, no mesmo día ou ser citado para unha consulta ordinaria no primeiro día dispoñible, en función de se a atención que se require é inmediata.

Explícao gráficamente: "se unha paciente chama e di que lle doe a barriga, a persoa que o atenda rexistrará esa resposta e sairanlle as seguintes preguntas que debe facer. Se, por exemplo, o paciente di que a dor apareceu de forma repentina e que é moi intenso, diráselle que veña de forma inmediata. Se a situación non é tan urxente, pero os datos apuntan a que hai que velor xa, citaráselle para que veña ao longo do día".

O sistema baséase nun catálogo moi extenso de problemas que poden referir os pacientes. De momento incluíronse no sistema 400 motivos de consulta, explica López Linares. Ese catálogo parte dun traballo realizado por un equipo de corenta profesionais do Sergas.

A fase de probas iníciase sen cambios no persoal que atende o servizo de recepción de consultas do centro de saúde

Acaba de comezar o testaje do sistema técnico, comprobando por exemplo que as palabras crave introducidas no sistema correspóndense coas motivacións que dan os pacientes para solicitar atención. E do 2 de novembro ao 2 de decembro xa se aplicará no centro de saúde, nunha experiencia piloto que servirá para polo a punto antes de aplicalo en toda Galicia. Nese período verase, por exemplo, se hai que engadir novas palabras crave para que se axuste máis aos motivos de chamada dos pacientes.

"é un sistema interno e o paciente non vai notar ningún cambio na atención", di López Linares.

O sistema baséase en algoritmos, que establecen as prioridades en función dos síntomas que comunica o paciente. E o sistema determinará tamén que profesional debe atender a consulta: unha enfermeira, unha matrona, o farmacéutico, o traballador social, o odontólogo... O mecanismo establecerá tamén se a consulta que se fixa debe ser presencial ou telefónica.

O sistema, bautizado como Xide (xestión integral de demanda en equipo) está listo para funcionar en galego ou en castelán, en función do idioma que use o paciente. A fase de probas iníciase sen cambios no persoal que atende o servizo de recepción de consultas do centro de saúde, pero López Linares explica que o Sergas ten o compromiso de, unha vez vistos os resultados do primeiro mes de proba, reforzar os equipos da central se os datos din que é necesario.

Comentarios