Centos de mozos fixeron botellón fronte á catedral

Foron atendidas varias queixas por festas en pisos
Botellón frente a la catedral.AEP
photo_camera Botellón frente a la catedral.EP

Co recinto feiral clausurado, moitas persoas seguiron a festa nos establecementos de lecer nocturno da capital, que o pasado venres ampliaron aforamento e estrearon medidas máis permisivas. Bares e pubs acolleron a lucenses e visitantes ata a hora de peche, pero a moitos mozos non lles pareceu suficiente e seguiron a noite de botellón. De feito, centos de mozos congregáronse nas inmediacións da catedral ata altas horas da madrugada.

Festas en domicilios
As forzas e corpos de seguridade acudiron tamén a varios domicilios particulares da capital tras recibir queixas dos veciños polo ruído que estaban ocasionado os seus inquilinos. Os axentes tiveron que disolver varias festas de cidadáns que optaron por celebrar o San Froilán nas súas vivendas.