Os lucenses subíronse en masa á muralla para soltar centos de faroliños

O espectáculo, de gran beleza, recordou os quince anos da declaración do monumento romano como Patrimonio da Humanidade pola Unesco

Sorprendidos e admirados, así reaccionaron a maioría dos lucenses que, tanto arriba como abaixo da muralla, presenciaron o magnífico espectáculo de luz da solta de faroliños vermellos e brancos, alimentados con lume, que sobrevoaron Lugo, sobre as oito da noite, no perímetro do monumento romano.

Os faroliños foron soltados sucesivamente, nos distintos puntos do adarve, ata o punto de que pasados quince minutos das oito, podíanse ver xa centenares sobre a muralla e a catedral, constituíndo unha imaxe única.

Comentarios