Trinta postos participarán nunha feira de San Isidro da Milagrosa con becerro ao espeto

A XXIV edición da feira celebrarase na Praza da Milagrosa e a súa contorna durante os días 24, 25 e 26 de maio e será pregoada polo director de El Progreso, Alfonso Riveiro
3290ece4-a09e-4986-9339-ecea9e4f2e3c
photo_camera Participantes na presentación da feira de San Isidro ante o consistorio de Lugo. XESÚS PONTE

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa presentou este luns no Concello Lugo XXIV edición da Feira de Produtos do Campo e Artesanía de   San Isidro, que se celebrará na Praza da Milagrosa e a súa contorna durante os días 24, 25 e 26 de maio

Jesús Vázquez, acompañado da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou o programa desta celebración, que inclúe unha festa do becerro ao espeto similar á que se celebra en San Xoán no barrio da Piringalla que será o sábado 25 na Rúa Menorca, onde está previsto que a partir das 19.30 horas, e repartan 2.500 racións deste prato. De feito, todos os participantes na presentación deste luns lucían un mandilón coa lema Festa do Becerro ao Espeto e que tamén portarán os voluntarios que farán a repartición das racións. O animal que será cociñado foi doado por por César Dorado, presidente de Acruga.

Ese será o día grande da feira, unha xornada na que Vázquez cre que se reunirán facilmente máis de 3.000 persoas e que contará tamén cunha verbena, a partir das 21.00 horas na Praza da Milagrosa, a cargo da orquestra Rubí. Decidiuse incluír por primeira vez unha verbena para dar máis animación ao barrio nunha feira que, en realidade, dará comezo o venres, día 24.

Para esa xornada ás 20.00 horas está previsto o pregón, que pronunciará o director de El Progreso, Alfonso Riveiro. Ademais da instalación duns trinta postos da feira gastronómica e artesá, chegados desde toda Galicia, Asturias e León, ese día tamén haberá unha degustación de mantecada.

Finalmente, o día 26, haberá unha repartición de 400 lotes de queixos de Lugo e doutros 400 lotes de embutidos da provincia, todos doados pola Deputación. Aqueles que realicen consumicións nos locais de hostalería do barrio durante a feira ou que fagan algunha compra nos postos faranse cun número para recibir unha desas caixas de produtos. A entrega farase, a partir das 12.00 horas, na Rúa Menorca.

Ás 13.00 horas está previsto a entrega aos premios José Carballido aos postos máis visitados, un certame en recordo dun dos directivos da federación falecido hai uns anos.

Jesús Vázquez aproveitou a presentación para criticar á Xunta de Galicia por non colaborar como era tradicional no financiamento desta festa, que si apoian a Deputación e o Concello de Lugo.

Mentres, Paula Alvarellos asegurou que esta feira, "ademais de ser unha cita que porá en valor os nosos produtos autóctonos e as creacións artesás, trátase dunha dás feiras urbanas máis importantes de Galicia”.

Comentarios