Os cen anos de Amadora Rodríguez, que segue ao pé do canón sen necesidade de pastillas

Nacida no Saviñao e veciña de Lugo desde hai moitos anos, a muller recibiu unha cariñosa homenaxe da súa familia
Celebración de los cien años de Amadora Rodríguez. EP
photo_camera Celebración de los cien años de Amadora Rodríguez

Amadora Rodríguez está como unha rosa aos cen anos e este domingo foise de comida ao Manuel Manuel para celebrar cos seus que chegou ao século de vida "sen necesitar tomar unha pastilla para nada".

Amadora naceu no Saviñao, pero leva asentada en Lugo desde os anos 50 do século pasado. Casou con Manuel Arias, que foi moi coñecido por exercer como zapateiro no barrio Feijoo, e tivo dúas fillas, Manuela e Mercedes. É tamén a cariñosa avoa de tres netos, Juan, Andrea e Alejandro, e ten tres bisnetos.

Toda a familia gozou neste especial encontro dominical de ter unha centenaria en casa e non deixaron de contar anécdotas e presumir de que a avoa centenaria aínda se fai a súa cama cada día e, se cuadra, ata se anima a botar unha man na cociña pelando unhas patacas.

Comentarios