O cemiterio de Lugo acollerá o vindeiro domingo a súa última visita teatralizada

A Praza Horta do Seminario será o escenario da mostra itinerante 'Picasso, a viaxe do Guernica', do 18 de decembro ao 15 de xaneiro
Cementerio municipal de Lugo. AEP
photo_camera Cemiterio municipal de Lugo. AEP

O cemiterio municipal de Lugo acollerá o vindeiro domingo 15 de decembro a última das catro visitas teatralizadas promovidas polo Concello e destinadas a promover culturalmente o lugar. 

Así o anunciou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quen engadiu que, con esta iniciativa, "preténdese mostrar a cara máis cálida e emocional" do cemiterio e "pór en valor o patrimonio funerario". 

A representación, limitada a 50 persoas, ten como título 'E logo ti... Quen vés sendo?' e corre a cargo do grupo Achádego Teatro, que interpretará a diferentes personaxes e contarán aspectos das súas vidas, "axudando a situalos no tempo e rememorando a historia da cidade".

EXPOSICIÓN SOBRE PICASSO. Por outra banda, a cidade de Lugo converterase en escenario da exposición itinerante 'Picasso, a viaxe do Guernica' que organizan La Caixa e o Museo Reina Sofía. 

A mostra, que conmemora o 80 aniversario da creación da emblemática obra, parará na Praza Horta do Seminario entre os días 18 de decembro e 15 de xaneiro. 

Comentarios