CC.OO. e UXT reclaman que suba o SMI e se derroguen as reformas laboral e de pensións

Convocaron dúas concentracións por separado ante a sede da Subdelegación do Goberno
Concentración convocada por CC.OO. EP
photo_camera Concentración convocada por CC.OO. EP

Os sindicatos CC.OO. e UXT concentráronse este luns por separado ante a sede da Subdelegación do Goberno en Lugo para reclamar ao Executivo central que suba o salario mínimo interprofesional (SMI) e que derrogue a reforma laboral e a de pensións de 2013. A cada unha das dúas concentracións acudiron unha trintena de persoas, que portaron pancartas alusivas á campaña para reclamar os cambios lexislativos con el lema Agora si toca.

Nas mobilizacións participaron dirixentes de ambos os sindicatos e foron convocadas a nivel estatal para reclamar unha política comprometida co "progreso, a xustiza social e a distribución da riqueza".

Concentración convocada por UXT. EP

Concentración promovida por UGT. EP

Comentarios