CC OO, preocupado polo repunte da sinistralidade laboral en Lugo

Na provincia os accidentes de traballo repuntaron un 7,5% o ano pasado

Asamblea de CC OO en Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Asemblea de CC OO en Lugo. SEBAS SENANDE

CC OO expresa a súa preocupación polo incremento da sinistralidade laboral en Galicia, o que atribúe á precariedade no mercado de traballo. O sindicato, encabezado polo seu secretario xeral, Ramón Sarmiento, celebrou este xoves unha asemblea en Lugo na que destacou que o ano pasado rexistráronse en Galicia 653 accidentes laborais máis que en 2017, o que supuxo un aumento do 2,39%.

Na provincia de Lugo esa subida foi do 7,52%, con 213 contratempos máis. En territorio lucense producíronse 12 mortes, catro máis que no exercicio anterior.

Comentarios