CC OO mobilízase en Lugo para esixir atención presencial nos centros de saúde

Representantes da federación de pensionistas e xubilados concentráronse ante a xefatura territorial da Consellería de Sanidade
IMG-20211028-WA0004
photo_camera La concentración ante la jefatura territorial de Sanidade en Lugo. EP

A concentración da federación de pensionistas e xubilados de CC OO forma parte dunha campaña levada a cabo a nivel autonómico para esixir "unha atención primaria de calidade, universal e accesible para as persoas maiores".

Este sindicato esixe que se aumente ata o 25% no prazo de cinco anos o orzamento sanitario público.

Demanda así mesmo que se paralice a supresión de centros de saúde e que se reabran en horario de mañá e tarde os pechados, así como que se reforcen os seus persoais coa incorporación de novas categorías profesionais.

Comentarios