Cazada por segunda vez ao volante en Lugo unha condutora que nunca sacou o carné

A muller foi interceptada o pasado un de abril por primeira vez e, de novo, o pasado martes
La Policía Local montó un dispositivo de búsqueda y localizó a infractor. A EP
photo_camera Axentes da Policía Local de Lugo patrullando en moto pola cidade. EP

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron por segunda vez unha condutora á que xa sorprenderan a principios do presente mes ao volante dun vehículo, a pesar de que nunca chegou a sacarse o permiso de conducir

Unha patrulla da Policía Local sorprendeuna por primeira vez ao volante o pasado 1 de abril, cando conducía pola Avenida de Madrid, polo que os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, pola modalidade de xuízo rápido. A vista celebrouse o día 14. 

Só seis xornadas despois, o 20 de abril, outra patrulla volveu interceptar á mesma condutora ao volante, cando circulaba pola Calzada das Gándaras. Por iso, a Policía Local instruíu de novo dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria e foi citada para un novo xuízo rápido. 

Comentarios