O Caudal Fest toma Lugo

A segunda edición do Caudal Fest xa anegou Lugo, con máis de 31.000 entradas vendidas. Ao redor das cinco da tarde deste venres escoitáronse as primeiras notas dun cartel que nesta ocasión está encabezado polos madrileños Izal e a navarros Marea, acompañados por Carolina Durante, La Pegatina, A M.O.D.A., Xoel López, os lucenses Holywater e outros nomes do panorama musical nacional, como o rapeiro sevillano Toteking.

Todas as imaxes do festival

Coincidindo coa apertura das portas do recinto rexistráronse retencións duns tres quilómetros na N-VI, desde o acceso das Saamasas ata Garabolos. É unha evidencia de todo o que move un festival que aspira a converterse no "referente" do fin do verán en España e abarrota os hoteis de Lugo.