Un carril da Rúa San Roque cortarase ao tráfico polas obras da Mosqueira

O corte do carril esquerdo levará a cabo a partir deste venres e prolongarase durante unhas tres semanas
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Las obras de peatonalización de la Ronda en A Mosqueira. AEP

A área de infraestruturas do Concello de Lugo informa de que a partir deste venres cortará o tráfico nun dos dous carrís da Rúa San Roque, o esquerdo, para acometer as obras de conexión desta rúa coa Ronda da Muralla, na zona da Mosqueira, onde se está acometendo a súa peonalización.

Está previsto que ese corte dure unhas tres semanas. Infraestruturas asegura que se garantirá un paso peonil seguro pola zona de obras, así como a entrada a vivendas, locais comerciais e garaxes.

As obras de peonalización do tramo da Ronda, entre a estación de autobuses e a Rúa San Roque, que supoñen un investimento de 588.836 euros, finalizaranse a principios do ano que vén.

Comentarios