martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Carrefour ve legal a súa gasolineira, que Lugo de cara ao Miño pide retirar

La gasolinera de As Saamasas, durante una protesta de ganaderos
La gasolinera de As Saamasas, durante una protesta de ganaderos
O colectivo cidadán ve aplicable a Lugo o fallo do TSXG para un surtidor da Coruña

A plataforma Lugo de cara ao Miño considera que a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ordena tirar a estación de servizo que Carrefour ten no aparcadoiro do seu centro comercial da avenida Alfonso Molina na Coruña crea "un precedente moi importante" para a de Lugo, que está en pleno litixio.

Este colectivo cidadán aférrase a este fallo para esixir ao Concello de Lugo e á Xunta de Galicia que "reconsideren o perigo" que, ao seu xuízo, supón a gasolineira do hipermercado das Saamasas "obrigando a retirar ditas instalacións".

O TSXG, segundo pon de manifesto Lugo de cara ao Miño, advirte no seu fallo de que no caso da estación de servizo herculina existe "un evidente risco de seguridade" polo almacenamento de 160.000 litros de materia inflamable no soto do aparcadoiro, que ademais incumpre a normativa que prohibe almacenar combustible de clase B e C no interior de edificacións.

Lugo de cara ao Miño destaca que os potenciais riscos que se lle atribúen á gasolineira do centro comercial da Coruña son "totalmente trasladables" á de Lugo. Fai fincapé en que neste caso os perigos son "aínda maiores" porque está a menos de 100 metros do río Miño e dun espazo fluvial protexido como Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera, ao que poderían ir parar verteduras de hidrocarburos.

Carrefour recorda que a estación de servizo de Lugo ten autorización de Xunta, Concello e Confederación Hidrográfica

AUTORIZACIÓNS. Carrefour saía este xoves ao paso destas críticas asegurando que as estacións de servizo dos hipermercados de Lugo e A Coruña "contan con todas as autorizacións pertinentes para exercer a súa actividade".

A multinacional francesa engadía que "posúe as licenzas de actividade e obra dos Concellos de Lugo e A Coruña" para instalar ambas as dúas gasolineiras, así como a preceptiva autorización da Consellería de Economía e Industria.

Esta cadea de distribución asegura ademais que o departamento autonómico deu o seu visto e prace conforme aos proxectos que presentou nos que "se avalían, entre outros temas, as instalacións e a súa adecuación á normativa sectorial deste tipo de actividades, incluída a seguridade".

Engade que no caso da estación de servizo de Lugo conta adicionalmente coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Carrefour destaca así mesmo que as seis estacións de servizo con que conta en Galicia (A Coruña, Coristanco, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense) descontaron o ano pasado máis de tres millóns de euros aos seus clientes.

Carrefour ve legal a súa gasolineira, que Lugo de cara ao Miño pide...
comentarios