Cáritas pide axuda para familias que están en situación crítica

Cáritas pide axuda para unha nai soa, con tres fillos ao seu cargo e coa súa filla pequena enferma, que precisa 530 euros para alimentación e subministracións. Tamén pide axuda para unha muller soa, pendente dunha operación, sen traballo e sen recursos, que necesita 450 euros.

Solicita recursos para un matrimonio de mediana idade, el cunha pensión mínima e a súa muller cunha demencia sen prestación, que precisa 420 euros para medicamentos, comida e subministracións.

Para un matrimonio novo, ela cunha enfermidade grave, pide 425 euros, pois a prestación da Risga non cobre as súas necesidades.

Comentarios