Carballo lánzase á rúa cun xornal de 20.000 exemplares

A publicación Lugo en marcha presenta ao candidato popular como a solución ao "déficit de xestión e a parálise que vive Lugo"

Ramón Carballo reparte ejemplares de su periódico en la Praza de Abastos. SEBAS SENANDE
photo_camera Ramón Carballo reparte exemplares do seu periódico na Praza de Abastos. SEBAS SENANDE

O candidato do PP á alcaldía, Ramón Carballo, elixiu a Praza de Abastos para lanzar este martes o xornal Lugo en marcha, con que pretende facer ver os problemas que ocasiona á cidade a "deficitaria" xestión do actual goberno local, á vez que el se presenta como alternativa. Elixiu o mercado municipal, onde moitos postos están pechados, como exemplo da "parálise" que vive Lugo.

O xornal ten 20.000 exemplares, que fará chegar á lucenses vía buzoneo e tamén con repartición en man. Entre outros contidos, Carballo repasa a situación que vive o Concello e entrevista ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para falar dos proxectos que o Goberno galego ten para a cidade.

"O CANDIDATO QUE QUERÍA TODO O PARTIDO".  O presidente da Xunta asegura en dita entrevista que Ramón Carballo é o candidato "que quería todo o partido". 

"Veterinario autónomo, xefe de servizo na Administración, inspector de saúde pública, subdelegado do Goberno, xefe territorial da Vicepresidencia da Xunta, xogador de tute... Mira que fixen cousas na vida pero nunca unha entrevista", encabeza a conversación Carballo ante Feijóo, que lle responde: "Pois anota un par de cousas máis; xornalista, daquela maneira hoxe, e a partir do 26 de maio alcalde". 

"Ti es o candidato que quería todo o partido e unha inmensa maioría dos veciños", engade Feijóo, a continuación. 

Comentarios