O cangrexo americano, capaz de tirar árbores, xa tomou o Rato

O presidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio recomenda a plantación en toda a conca para acabar coa praga

Un especimen del cangrejo americano de río.Mike Murphy (WIKIPEDIA)
photo_camera Un exemplar do cangrexo americano de río.Mike Murphy (WIKIPEDIA)

Non hai río da conca do Miño que non teña xa exemplares do cangrexo americano. O presidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Martiño Cabana, recorda que se trata dunha das especies invasoras máis perigosas, non só porque son depredadores omnívoros senón pola súa capacidade de acabar co bosque de ribeira. «Fan uns buracos nos bordos do río, nos encoros onde hai auga quente, que poden tirar abaixo árbores. Se houbera uns poucos non pasaría nada, pero habendo tantos como hai...», sinala.

Como Ramil, só contempla unha solución de futuro para o Rato: a replantación do bosque de ribeira. Recorda que a praga de alisos acabou cos da zona e non foron repostos. Agora, a ausencia de sombra propicia o crecemento das herbáceas na canle e prexudica a especies protexidas, como os dous tipos de libélula para as que a desaparición do seu hábitat natural supón unha seria ameaza.

A replantación tamén mantería baixo control ao cangrexo americano, ao que non gustan os bosques sombríos de augas fría. «Non pódese dicir que os extinguiría pero si que non habería tantos», apunta.

Comentarios