Cancelado un concerto de Pussy Riot, a menos dun mes do San Froilán, por un envelenamento

Peter Verziloz, un dos activistas que saltou ao campo durante a final do Mundial, permanece hospitalizado polo suceso

Pyotr Verzilov, marido de Nadye Tolokno, miembro de Pussy Riot. JEAN-CHRISTOPHE BOTT
photo_camera Pyotr Verzilov, marido de Nadye Tolokno, membro de Pussy Riot. JEAN-CHRISTOPHE BOTT

As Pussy Riot, o colectivo punk e feminista ruso, cancelou a súa actuación no Donostia Festibala, prevista para este sábado ás 23.05 horas, para acompañar a un dos seus membros, Peter Verzilov, que permanece hospitalizado en Moscova por un posible envelenamento.

"Tras unhas horas moi complicadas, o grupo decidiu acudir xunto ao seu compañeiro" polo que cancelou a actuación en San Sebastián a través dun comunicado recibido ás 17.00 horas, informou Donostia Festibala.

Peter Verziloz, un dos catro activistas de Pussy Riot que saltou ao campo do estadio Luzhnikí durante a final do Mundial de Fútbol e editor da plataforma independente de noticias Mediazona, foi hospitalizado en estado "crítico" o pasado martes na unidade de toxicoloxía do Hospital Clínico Bajrushin de Moscova con posibles síntomas de envelenamento. 

Dáse a circunstancia de que Pussy Riot ten previsto visitar Lugo principios do próximo mes para actuar no marco das patronais de San Froilán, unha cita que non debería correr perigo por este suceso.

Comentarios